Un pintor que sabía o que facía.
 IBD

Un pintor que sabía o que facía.

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873068
Ano de edición:
Materia
PINTURA, ESCULTURA, DANZA E TEATRO
ISBN:
978-84-8487-306-8
Páxinas:
100
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Desconto:

-5%

Antes:

13,59 €

Despois:

12,91 €
IVE incluído
Comprar

Un pintor que sabía o que facía.
Achegas á obra pictórica de Luís Seoane.


Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos
da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910  - A Coruña, 1979).
Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como  o estilo creado e
desenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito dun
traballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidade
internacional para a partir desta construír os alicerces dunha pintura
profundamente galega, e que se  sitúa fortemente inserida nos valores
da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor.

En contraposición co costumismo dominante en moitos pintores
galegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos  impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo.

Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunha
elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización
das figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste de
cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade.

Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura,
o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulos
máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX

Outros libros do autor en Mundibooks

Materia en Mundibooks

Laiovento (ibd) en Mundibooks

  • Os irmáns de América
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Os irmáns de América
    Prudencio Viviero Mogo
    Laiovento (ibd)
    En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Or...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €18,91 €

  • Alborada de Edipo
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Alborada de Edipo
    Xesús Pisón Villapol
    Laiovento (ibd)
    Alborada de Edipo comeza explorando as orixes do teatro e vai dar, por  fado ou magnetismo, ao misterio de Edip...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • O poder que camiña nas tebras
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O poder que camiña nas tebras
    Nº 453
    Hamilton, Lillias
    Laiovento (ibd)
    Na súa obra A filla do visir, Lillias Hamilton aborda temas que poucos  se atreveron a tocar, o xenocidio do p...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €23,70 €

  • Novo diálogo. Achegas a obra plástica de Castelao
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Novo diálogo. Achegas a obra plástica de Castelao
    Carlos L. Bernárdez
    Laiovento (ibd)
    No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha f...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €18,95 €

  • A loita dos perdedores
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A loita dos perdedores
    Luís Lamela
    Laiovento (ibd)
    Nas páxinas deste libro, plenas de pegadas, de vestixios e de rostros,  trazouse o obxectivo de enfocar e talv...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €23,70 €