Ten o seu punto a fresca rosa

Ten o seu punto a fresca rosa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025338
ISBN:
978-84-8302-533-8
Páxinas:
296
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

16,65 €

Despois:

15,82 €
IVE incluído

En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres:  Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e  pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título  tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel  dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

Outros libros do autor en Mundibooks

  • Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial -5%
    Titulo del libro
    Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa comp...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Cólera -5%
    Titulo del libro
    Cólera
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde...
    No disponible

    16,95 €16,10 €

  • O segredo da pedra Figueira -5%
    Titulo del libro
    O segredo da pedra Figueira
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    No disponible

    7,50 €7,13 €

  • Amor de tango -5%
    Titulo del libro
    Amor de tango
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    No disponible

    9,32 €8,85 €

  • Emilia Pardo Bazán -5%
    Titulo del libro
    Emilia Pardo Bazán
    Nº 51
    Queizan, María Xosé
    Xerais
    «Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. E filla única e os seus amigos van ser os...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

Xerais en Mundibooks

  • Peito de vimbio
    Antigo
    -5%
    Titulo del libro
    Peito de vimbio
    Álvarez Cáccamo, Alfonso
    Xerais
    Unha novela diferente. Unha historia diferente tamén. A protagonista do presente relato (home-mu11er na Ga1ici...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,35 €10,78 €

  • Alfagan é Flanagan -5%
    Titulo del libro
    Alfagan é Flanagan
    Martín, Andreu;Ribera, Jaume
    Xerais
    Nesta ocasión, Flanagan terá que investigar a desaparición dunha compañeira de clase, Nieves Mercadal, que ...
    No disponible

    13,80 €13,11 €

  • Anamarciana no Planeta Vermello -5%
    Titulo del libro
    Anamarciana no Planeta Vermello
    Varela Ferreiro, Alberto
    Xerais
    Marte é o Deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o Planeta Vermello porque dende a Terra re...
    No disponible

    8,20 €7,79 €

  • A aula -5%
    Titulo del libro
    A aula
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €3,90 €

  • Bágoas de facer illas -5%
    Titulo del libro
    Bágoas de facer illas
    Angueira, Anxo
    Xerais
    Axiña que rematamos de ler estas Bágoas de A. Angueira, o corpo pídenos o bruído entusiasmado da fondísima...
    No disponible

    11,10 €10,55 €