Os elefantes de Sokurov

Os elefantes de Sokurov

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656404
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-640-4
Páxinas:
412
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
LITERARIA

Desconto:

-5%

Antes:

25,40 €

Despois:

24,13 €
IVE incluído
Comprar

En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade.
 Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao  ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda  engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar  a súa vida.
 A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen  transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o  facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha  trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera.

Outros libros do autor en Mundibooks

  • Homónima -5%
    Titulo del libro
    Homónima
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Premio Alvaro Cunqueiro de narrativa, 2000. Unha estraña aparición do seu nome en Internet e unha curiosidade...
    No disponible

    15,80 €15,01 €

  • Laura no deserto -5%
    Titulo del libro
    Laura no deserto
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Premio da Crítica Española 2011 de narrativa en lingua galega Premio AELG 2012 de narrativa GBS_setViewe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    28,75 €27,31 €

  • A voz do lago -5%
    Titulo del libro
    A voz do lago
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir  a Escarabote, preto do pazo de Goián...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,40 €11,78 €

  • Airadas palabras -5%
    Titulo del libro
    Airadas palabras
    Novo, Isidro / Riveiro Coello, Antón / Jiménez Aleixandre, María Pilar
    Laiovento, s.l.
    No disponible

    7,60 €7,22 €

  • Días de intemperie -5%
    Titulo del libro
    Días de intemperie
    Nº 464
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor po...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,00 €15,20 €

Materia en Mundibooks

Galaxia en Mundibooks