Oralmente pola boca

Oralmente pola boca

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483021583
ISBN:
978-84-8302-158-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

13,50 €

Despois:

12,83 €
IVE incluído

Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades,  nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común.Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de " Extenuación " ata o " Agardando a Monroi " , singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo.Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e  de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.

Outros libros do autor en Mundibooks

  • Blúmsdei -5%
    Titulo del libro
    Blúmsdei
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada ...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • O CAMIÑO DE MIDDELHARNIS -5%
    Titulo del libro
    O CAMIÑO DE MIDDELHARNIS
    CID CABIDO, XOSE
    Edicions xerais de galicia
    No disponible

    11,00 €10,45 €

  • Unha historia que non vou contar -5%
    Titulo del libro
    Unha historia que non vou contar
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela...
    No disponible

    17,00 €16,15 €

  • Fálame sempre -5%
    Titulo del libro
    Fálame sempre
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    "Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis sin...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • TRES PINTORES -5%
    Titulo del libro
    TRES PINTORES
    Nº 436
    CID CABIDO, XOSE
    Xerais
    Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel...
    No disponible

    18,95 €18,00 €

Xerais en Mundibooks

  • CALENDARIO XERAIS 2019 -5%
    Titulo del libro
    CALENDARIO XERAIS 2019
    Suárez, José
    Xerais
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que  inclúe festivos e fases da lúa) con ...
    No disponible

    12,50 €11,88 €

  • O códice esmeralda -5%
    Titulo del libro
    O códice esmeralda
    Blanco, Alberte
    Xerais
    O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da bat...
    No disponible

    22,95 €21,80 €

  • 4 XINETES -5%
    Titulo del libro
    4 XINETES
    FARIñA, ANXO
    Xerais
    Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que intén...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,95 €17,05 €

  • Antropoloxía 1ºbacharelato -5%
    Titulo del libro
    Antropoloxía 1ºbacharelato
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    30,20 €28,69 €

  • O CUARTO DAS ABELLAS -5%
    Titulo del libro
    O CUARTO DAS ABELLAS
    Nº 47
    OTERO, ANTíA
    Xerais
    Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai eco...
    No disponible

    14,50 €13,78 €