Manuel Murguía. Vida e obra

Manuel Murguía. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024904
ISBN:
978-84-8302-490-4
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

Desconto:

-5%

Antes:

9,55 €

Despois:

9,07 €
IVE incluído

Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata  á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente;  "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a  súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego,  base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o  volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo,  máis noso.

Xerais en Mundibooks

  • Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso -5%
    Titulo del libro
    Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso
    Cajaraville, Héctor
    Xerais
    Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investig...
    No disponible

    13,95 €13,25 €

  • Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) -5%
    Titulo del libro
    Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)
    Pereira González, Dionisio
    Xerais
    Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    28,50 €27,08 €

  • Big-Bang -5%
    Titulo del libro
    Big-Bang
    Bernárdez Vilar, Xoán
    Xerais
    En Big-Bang un grupo de astronautas chega ó Terceiro Planeta á procura  de varios compañeiros misteriosament...
    No disponible

    11,35 €10,78 €

  • O encargo do señor Castelao -5%
    Titulo del libro
    O encargo do señor Castelao
    Nº 396
    Rei Núñez, Luís
    Xerais
    Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que  chegou en 1916, cando era fundamentalm...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • Cando petan na porta pola noite -5%
    Titulo del libro
    Cando petan na porta pola noite
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. So...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €