España e Europa

España e Europa. Do franquismo ao euro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027462
Ano de edición:
ISBN:
978-84-8302-746-2
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

20,20 €

Despois:

19,19 €
IVE incluído

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que  é España.O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo  ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.

Xerais en Mundibooks

  • O grito do Ipiranga -5%
    Titulo del libro
    O grito do Ipiranga
    García Mañá, Luís Manuel
    Xerais
    Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína I...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • CHOVIDA DO CEO -5%
    Titulo del libro
    CHOVIDA DO CEO
    CONDE, ALFREDO
    Xerais
    Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €21,80 €

  • Os amigos de Elmer -5%
    Titulo del libro
    Os amigos de Elmer
    Mckee, David
    Xerais
    No disponible

    6,25 €5,94 €

  • Matar o tempo -5%
    Titulo del libro
    Matar o tempo
    Valcárcel, Xesús
    Xerais
    No disponible

    13,00 €12,35 €

  • Sherlock Holmes, detective -5%
    Titulo del libro
    Sherlock Holmes, detective
    Conan Doyle, Arthur
    Xerais
    Sherlock Holmes é un dos personaxes máis populares e universais da historia da literatura. Co seu abrigo impe...
    No disponible

    11,30 €10,74 €