(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páxinas:
226
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

Desconto:

-5%

Antes:

29,00 €

Despois:

27,55 €
IVE incluído

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Outros libros do autor en Mundibooks

Galaxia en Mundibooks

  • A CAMARA ESCURA GALLEGO -5%
    Titulo del libro
    A CAMARA ESCURA GALLEGO
    BAÑOS DE COS,JOSE LUIS
    Galaxia
    III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2020. Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dez...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • As bocas cosidas -5%
    Titulo del libro
    As bocas cosidas
    Nº 517
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Galaxia
    Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,40 €22,23 €

  • O alquimista -5%
    Titulo del libro
    O alquimista
    Coelho, Paulo
    Galaxia
    O alquimista relata a viaxe iniciática de Santiago, un mozo que deixa as súas ovellas para internarse no dese...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €16,63 €

  • As palabras da néboa -5%
    Titulo del libro
    As palabras da néboa
    Castro, Francisco
    Galaxia
    Premio García Barros 2007 Esta é unha novela sobre a liberdade. E sobre os soños. Dos homes e dos pobos. As ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,90 €20,81 €

  • Muller en loita -5%
    Titulo del libro
    Muller en loita
    Nº 24
    de las Heras, Víctor (Vitín)
    Galaxia
    O autor leva fotografando a realidade social galega dende hai décadas. È imposible recordar os grandes aconte...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,10 €21,00 €