Fernández Villaverde, Alejandro
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
9,50 €O uso do modelado matemático en bioloxÃa e medicina conta cunha longa tradición, cuxas orixes podemos rastrear como mÃnimo até a Idade Media. No século XX a utilización de métodos procedentes da enxeñarÃa tornouse práctica común en biomedicina. Polas súas caracterÃsticas especÃficas, os procesos biomédicos presentan retos diferentes aos encontrados nas enxeñarÃas clásicas, o que motivou o desenvolvemento de novas técnicas e a adaptación das existentes. Creouse asà un fluxo bidireccional de ideas, que fertilizou ambas disciplinas cientÃficas e preparou o camiño para a aparición da moderna bioloxÃa de sistemas no século XXI. Na actualidade, o modelado e simulación de sistemas dinámicos é unha ferramenta fundamental na enxeñarÃa biomédica. Este manual foi concibido orixinalmente como material docente para a materia Modelado e Simulación de Sistemas Biomédicos, impartida no primeiro curso do Mestrado en EnxeñarÃa Biomédica da Universidade de Vigo. Nel compéndianse os coñecementos necesarios para construÃr, analizar e aplicar modelos dinámicos de biosistemas, facendo énfase nos máis relevantes para a enxeñarÃa biomédica. O libro estrutúrase en cinco capÃtulos, cada un dos cales inclúe múltiples exemplos e cuestións. Comeza cunha introdución e unha panorámica dos distintos tipos de modelos, centrándose nos baseados en ecuacións diferenciais ordinarias. A seguir, o segundo capÃtulo describe como modelar biosistemas de distintos tipos, desde redes de reaccións bioquÃmicas a nivel intracelular até sistemas de interaccións entre organismos. O terceiro capÃtulo mostra como simular ditos modelos, e o cuarto describe un protocolo para calibralos. Finalmente, o derradeiro capÃtulo ensina a analizar aspectos clave da súa dinámica.