Fridom spik

Fridom spik

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029893
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-989-3
Pàgines:
88
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
PETO

Descompte:

-5%

Abans:

6,85 €

Després:

6,51 €
IVA inclòs

"Fridom Spik" é un libro que soa como a guitarra de Kurt Cobain nun concerto de Pavarottis afónicos. Imprescindible para manter unha confianza razoable na sobrevivencia intelixente do ser galaico-humano.  Necesario para os que tiñamos xa unha certa sospeita de que Jimmy Hendrix tamén comía cachelos (Antón Reixa, "La Voz de Galicia"). As peciñas que nos ofrece Jaureguizar poden poñerse á par da mellor tradición de narrativa curta. (Anxo Tarrío, "O Corrreo Galego"). Tralla brava, auténtica arroutada, lume que queima o peito, iso son os  relatos breves que poboan "Fridom Speak". Jaureguizar contra o mundo e a repugnancia. O que se vén chamando literatura bravú. (...) Hai unha fácil e obvia liña que une as "Cousas" de Castelao cos relatos de  "Fridom Spik". O lirismo que tinxe a escrita de Castelao vese aquí desprazado por unha feroz e expeditiva exposición (Xosé M. Eiré, "A Nosa Terra"). Nesta terra de ninguén os mozos ven a vaca pacer mentres  falan por teléfono dixital GSM e o tractor agarda no patio co motor encendido. Temos a impresión de que os personaxes de Jaureguizar están  atrapados nun buraco negro (Xosé Cid Cabido).

Altres llibres de l'autor a Mundibooks

Matèria a Mundibooks

Xerais a Mundibooks