As mulleres na Filosofía

As mulleres na Filosofía

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526488
Any d'edició:
Matèria
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-96526-48-8
Pàgines:
136
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
240
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
Baía Ensaio

Descompte:

-5%

Abans:

16,55 €

Després:

15,72 €
IVA inclòs
Comprar

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre  as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon  ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a  partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.
 
 
 
 Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente  o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.

Matèria a Mundibooks

Baia a Mundibooks

  • Como sobrevivir ao curso 2021-2022 -5%
    Titulo del libro
    Como sobrevivir ao curso 2021-2022
    BAIA
    Baia
    A axenda mantén a estrutura de páxina por día, con espazo suficiente para anotar todas as tarefas e activida...
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • MANUAL PRÁCTICO DE GALEGO -5%
    Titulo del libro
    MANUAL PRÁCTICO DE GALEGO
    Beltrán Carballeira, Ramón X.
    Baia
    Nova edición corrixida. 2019  O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións&...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    31,70 €30,12 €

  • Ao parque con Antón -5%
    Titulo del libro
    Ao parque con Antón
    AA.VV
    Baia
    Esta colección de libros "Primeiras palabras" están pensados para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Preséntannos ...
    No disponible

    6,95 €6,60 €

  • OS ANIMAIS DO BOSQUE -5%
    Titulo del libro
    OS ANIMAIS DO BOSQUE
    AA.VV
    Baia
    A colección asocia ilustracións con magníficas fotos para mostrar ás crianzas de forma lúdica os animais. ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    11,65 €11,07 €

  • O realismo -5%
    Titulo del libro
    O realismo
    Nº II
    AA.VV
    Baia
    Segundo volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que fala do Realismo, realizando unha exposic...
    No disponible

    5,20 €4,94 €