A nosa terra é nosa!
Damnificat

A nosa terra é nosa!

Editorial:
Baia edicions a coruña.
EAN:
9788499951935
Any d'edició:
Matèria
HIST?RIA
ISBN:
978-84-9995-193-5
Pàgines:
752
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
150
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
BAIA ENSAIO

Descompte:

-5%

Abans:

32,50 €

Després:

30,88 €
IVA inclòs
Comprar

Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con  estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras.
 Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente  monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento  desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo.
 A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico "cerebro colectivo" que foron as Irmandades: a  reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas.
 Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade.

Altres llibres de l'autor a Mundibooks

Matèria a Mundibooks

Baia edicions a coruña. a Mundibooks

  • As viaxes fantásticas de Jules Verne
    Antic
    -5%
    Titulo del libro
    As viaxes fantásticas de Jules Verne
    AA.VV
    Baia edicions a coruña.
    A través destas cinco historias rocambolescas, descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da av...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    27,60 €26,22 €

  • Filosofía 1ºbacharelato
    Antic
    -5%
    Titulo del libro
    Filosofía 1ºbacharelato
    AA.VV
    Baia edicions a coruña.
    Consideramos a utilidade do manual que presentamos para a materia de Filosofía, pola necesidade de ter un text...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    36,40 €34,58 €

  • Cleopatra, Raíña do Nilo
    Antic
    -5%
    Titulo del libro
    Cleopatra, Raíña do Nilo
    Prémonville, Marie De
    Baia edicions a coruña.
    Como Raíña foi admirada e desprezada. Como muller, era poderosa e apaixonada. E como lenda, Cleopatra é...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    13,50 €12,83 €

  • Xela volveuse vampira
    Antic
    -5%
    Titulo del libro
    Xela volveuse vampira
    Casalderrey, Fina
    Baia edicions a coruña.
    Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nen...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    8,80 €8,36 €

  • Química 2ºbacharelato -5%
    Titulo del libro
    Química 2ºbacharelato
    Dominguez Real, Manuela
    Baia edicions a coruña.
    Os contidos do texto organízanse en oito temas. Nos Temas 1 e 2 trabállanse o segundo bloque do Currículo: ...
    No disponible

    34,35 €32,63 €